55 mentiras sobre a lingua galega Autor: Xosé-Henrique Costas (coordinador)
É a primeira publicación de ProLingua
A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presenta a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.
Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.
Co gallo de ofrecer unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma, sae publicado este esperado libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé naquelas que, por diversas razóns que tamén o libro pon de relevo, a día de hoxe teñen un maior calado na sociedade.
Xa que logo, podemos falar desta publicación como dunha reacción organizada, limpa e contundente contra as difamacións daqueles que, por complexo, mesquindade ou ambas as dúas cousas, só buscan o esmorecemento da lingua propia de Galicia, o galego.
Nos próximos días ofreceremos neste blogue cumprida información da multipresentación que deste libro se fará simultaneamente en máis de medio cento de localidades espalladas polo noso país –todas as cidades e principais vilas-, polo Estado español –Ponferrada, Madrid, Barcelona, Vitoria/Gasteiz e Trintxerpe- e no estranxeiro – Tübingen, Buenos Aires, Lisboa, Tel Aviv, Nova York, Bethelem, Nablús, París, Saraievo, Londres, Bruxelas e Copenhague. Unha relación de puntos de encontro e presentación longa e aberta, pois a recepción a esta iniciativa por parte da sociedade está a ser altamente positiva e comprometida.
CURSO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA
150 Aniversario da cidade de Ferrol, de J J Burgoa
Proxecto Artello – LÉXICO 1
Proxecto Artello – Solucionario Léxico 1
Proxecto Artello – LÉXICO 2
Proxecto Artello – Solucionario Léxico 2
Proxecto Artello – ORTOGRAFÍA 1
Proxecto Artello – Solucionario Ortografía 1
Proxecto Artello – ORTOGRAFÍA 2
Proxecto Artello Solucionario ORTOGRAFÍA 2
HABIILIDADES COMUNICATIVAS EN GALEGO PARA O MERCADO LABORAL Alumno
HABILIDADES COMUNICATIVAS EN GALEGO PARA O MERCADO LABORAL - TITOR
CELGA 1 - MATERIAIS
CELGA 2 - MATERIAIS
CELGA 3 - MATERIAIS
CELGA 4 - MATERIAIS
DICCIONARIO IR INDO, con equivalencias en Inglés – Castelán - Portugués
DICCIONARIO GALEGO-INGLÉS, Universidade de Vigo
Diccionario Galego Alemán
Diccionario Italiano Galego
VOLGA – Vocabulario Lingua Galega
REFERENCIAS TERMINOLÓXICAS
TRADUTOR GALEGO ESPAÑOL INGLÉS CATALÁN FRANCÉS GALLEGO e viceversa
AULA DE GALEGO
CENTRAL LIBRERA
LEER GRATIS
POR FERROL
TEATRO JOFRE
DE FERROL
LOS LIBROS MAS VENDIDOS BESTSELLERS
BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA