Arquitectura naval europea no século XVIII
Autor: Fernando Cabrera de Aizpuru
Este libro contén os resultados dunha investigación histórica orixinal e rigorosa sobre a tecnoloxía naval europea das grandes potencias marítimas do século XVIII, Inglaterra, España e Francia. Tras un estudo exhaustivo da documentación, boa parte da cal se transcribe no apéndice, o autor analiza os estilos de construción máis relevantes da época cunha especial atención ao rexurdimento naval de España durante os Borbóns. O autor realiza un análisis rigoroso dos que se dou en chamar métodos á española e á inglesa, este último desenvolvido en España tras a rocambolesca estancia de Jorge Juan en Inglaterra, de onde se trouxo instrumental e persoal para impulsar a construción naval española.
O libro ofrece tamén unha segunda aportación de caracter metodolóxico: un método de análise dos detalles estruturais dos buques baseado nun modelo mecánico simple para o tratamento da madeira
Como información complementaria contén un bo número de anexos con extractos dos principais documentos e bibliografía consultada polo autor
Prezo:22.00 €
Encadernación: rústica
Nº de páx: 340
Medidas: 25x17 cms ISBN: 978-84-9749-313-0