O libro está en castelán.
A cociña de Picadillo e Pardo Bazán.
Autores: Manuel María Puga y Parga, Picadillo e Emilia Pardo Bazán.
Ilustracións: Luís Sendón Cedrón.
Páxinas: 448.
Idioma: Castelán.
Ano de publicación: 2004.
ISBN: 84-87244-98-X.
PVP (2009): 82 €.
Contidos
Este volume da serie Galicia para soñar recompila, por primeira vez nun só tomo, as tres obras cume da literatura gastronómica a Galicia de principios do século XX: A cociña práctica, de don Manuel María Puga y Parga, e A cociña española antiga e A cociña española moderna, ambas de dona Emilia Pardo Bazán. Esta edición engade dúas valiosas novidades. Por unha banda, trátase dun libro ilustrado. Os diversos apartados (sopas, caza, aves de curral, peixes, sobremesas…) e receitas van acompañados dunhas excelentes ilustracións realizadas expresamente para esta publicación. Ademais, ao final do volume engádese un glosario que permite a comprensión sinxela de termos de uso frecuente no argot culinario de ambos os autores: chula, rustrido ou cachelo, procedentes do galego; pero tamén bouillabaisse, brioche, chateaubriand, entrecote, kirsch ou ragout, do francés, por mencionar algúns.
Sopa montañesa
El inspirado poeta gallego don Salvador Golpe ha tenido la bondad de dedicarle a Picadillo la receta que va a continuación:
A O MESTRE "PICADILLO"
Cóllese un molete,
fanse unhas tostadas
e con gran coidado
dóuranse nas brasas.
Cóllense chourizos,
córtanse en rodaxas
que medio centímetro
teñan de delgadas.
Traise unha tarteira
e con moita calma,
vanse nela pondo
o pan e as talladas.
Primeiro, das tostas
déitase unha capa,
e enriba dela outra
daquelas rodaxas.
E vanse alternando
chourizo e tostadas
hasta que a tarteira
se vexa mediada.
Vértese alí un caldo
de moita sustancia,
que teña, a lo menos,
dous dedos de graxa.
E logo a tarteira
pónselle a súa tapa,
e, ferbo non ferbo,
ténse xunto ás brasas.
Xa chegóu a hora
de xantar? ¡Pois ala...!
Enriba de todo
uns ovos se escalfan.
E así, na tarteira,
no medio da táboa
se pon esa sopa
sin máis circunstancias.
Asi ma serviron
a min na montaña
fará corenta anos...
¡Que tempos caraina!
SALVADOR GOLPE